Do mesmo xeito, tamén contaremos con presentacións culturais relacionadas co mundo da música, idóneas para pasar o tempo entre concerto e concerto, coma a de “Bababum – As Vacacions“, ou deportivas, con uns partidiños de fútbol con fans de Los Planetas contra detractores destes, ou de fans dos Beatles contra fans dos Rolling Stones.
Para participar nos obradoiros da Romaría Pop será obrigatorio recoller un ticket no Posto de Información que estará ubicado nunha zona visible do recinto. Os obradoiros están divididos en tres bloques de actividades, e repartiránse tickets só para aqueles que se celebran xusto despois de cada reparto.
Así, para os obradoiros que se celebran entre as 13:00h e as 14:30h, repartiranse tickets a partir das 12:45h.
Para os obradoiros que se celebran entre as 15:15h e as 17:00h, repartiranse tickets a partir das 14:30h.
Para os obradoiros que se celebran entre as 17:45h e as 19:00h, repartiranse tickets a partir das 17:00h.
Tan só se fará entrega dun ticket por neno e por cada bloque de actividades. Os nenos deberán recoller os tickets persoalmente, ainda que acompañados do seu pai, nai ou titor, que deberá asinar un documento que nos permitirá grabar imaxes ou vídeos do seu fillo ou filla durante o desenvolvemento das actividades. Ese material usaráse para publicitar a Romaría Pop en próximas edicións.
Bloque 1:
13:00 – Obradoiro de Experimentación Musical
13:00 – Obradoiro de Camisetas de Rock
13:00 – Obradoiro de Origamis
13:30 – Obradoiro de Zapatillas Victoria
Bloque 2:
15:15 – Obradoiro de Instrumentos Caseiros
15:15 – Obradoiro de Pintura Pop
15:45 – Obradoiro de Zapatillas Victoria
Bloque 3:
17:45 – Obradoiro de Experimentación Musical
18:00 – Obradoiro de Camisetas de Rock
18:00 – Obradoiro de Origamis
18:00 – Obradoiro de Zapatillas Victoria
Todos os obradoiros son de carácter gratuíto e Desconcierto Cultural proverá de todo o necesario para o seu desenvolvemento, ainda que se aceptan donativos para poder financiar o custe destes.


