Canciños quentes, opcións para celiacos e vexetarianos como o gazpacho ou distintas tapas ecolóxicas, xeados artesanais, repostería con motivos musicais… e todo iso a precios populares seguindo a filosofía da Romería Pop.
Estes son os postos de restauración que teremos na Romaría Pop:
Pulpeiro de Lalín: unha romería non e tal se non hai pulpeiro. Julio de Lalín, poñerá de novo o pulpo e o churrasco.
Colorín Colorao: O gazpacho feito o momento foi un dos productos estrela do ano pasado. Este ano ademáis amplian a súa oferta con canciños quentes.
Prato-do: Contra a minería, tapería!!!. Tapas ecolóxicas e combativas para protestar contra a megaminería.
Hervor Fervor: Deliciosas propostas vexetarianas e mediterraneas.
Sr. Pink: Coa boa perspectiva meteorolóxica, ben se han de agradecer os xeados artesanos e os granizados do Sr. Pink.
Anna Fog: Tartas variadas e orixinais pans acompañados de distintas salsas para unha amplia oferta doce e salada.
Las tartas de Euge: A música está presente en todas as creacións de Euge, con productos doces aptos para celiacos.

